Conoce Ourense

Programa dos Entroidos de Ourense 2024

A Deputación Provincial publicou o Programa dos distintos Entroidos da Provincia de Ourense nesta ano 2024 e que permitirá coñecer con detalle os eventos que se realizarán en cada localidade.

Unha das festas máis extendidas e celebradas por toda a provincia de Ourense é o Entroido. Son moitas as vilas e aldeas que celebran esta festa. Figuras como os peliqueiros de Laza, as pantallas de Xinzo de Limia ou as bonitas de Sande teñen un protagonismo destacado.

Programa dos Entroidos de Ourense 2024

Coa guía que publicou a Deputación Provincial de Ourense coñecemos a programación de todos os actos que terán lugar durante estes días. Desde o entroido máis madrugador que comezou en Xinzo de Limia o 20 de xaneiro ata os últimos previstos para o 25 de febreiro en Carballiño, o Entroido é unha festa que conta cunha gran participación cidadá.

Tamén debemos ter en conta o potencial turístico que o Entroido outorga á provincia. As persoas que se achegan á nosa provincia para vivir a experiencia desta festa única enchen hoteis e restaurantes.

Programa dos Entroidos de Ourense 2024
Entroidos de Ourense

O Entroido na provincia de Ourense

Laza, Celanova, Ribadavía, Xinzo de Limia, Barbadás ou a intensa programación de Entroido que organizou o concello de Ourense figuran neste documento que contén a programación do Entroido na provincia.

Botón volver arriba