A executiva provincial do PSdeG-PSOE de Ourense aproba a lista para as eleccións autonómicas que terán lugar o domingo, 18 de febreiro.
Esta lista, votada polos militantes, non coincide coa proposta realizada desde o PSdeG-PSOE de Galicia que quere a Carmen Rodríguez Dacosta como cabeza de lista por Ourense.
A executiva provincial aproba a lista para as autonómicas
As distintas agrupacións locais da provincia de Ourense celebraron asembleas nos últimos días. «O PSdeG-PSOE de Ourense escoitou as propostas chegadas dende as asembleas e agrupacións provinciais, segundo marcan os nosos estatutos, apostando pola democracia interna e o diálogo a hora de decidir cales serán os nosos e as nosas representantes na lista para o Parlamento de Galicia».
Este proceso deu como resultado a elección de Marina Ortega como nº 1 da candidatura por Ourense á Xunta de Galicia. Trala aprobación da lista elaborada pola executiva provincial e a proposta realizada pola dirección do PSdeG-PSOE, será a dirección nacional quen tome unha decisión sobre a lista definitiva.
Lista aprobada pola executiva provincial do PSdeG-PSOE
- 1. Marina Ortega Otero.
- 2. José Ignacio Gómez Pérez.
- 3. Noela Blanco Rodríguez.
- 4. Eladio Santos Martínez.
- 5. Carmen Rodríguez Dacosta.
- 6. Margarita Pérez Fernández.
- 7. Xurxo Doval Blanco.
- 8. Ainhoa Rodríguez Álvarez.
- 9. Manuel Rodríguez Vázquez.
- 10. Áurea Soto Vázquez.
- 11. Rubén Alfonso Armenteros Rodríguez.
- 12. Jesusa Rodríguez Castro.
- 13. Miguel Gómez García.
- 14. José Antonio Corral Álvarez.
Suplentes
- 1. Luís Gulín Iglesias.
- 2. María Ángeles García Casla.
- 3. José Manuel Rego López.
- 4. Lorena Guerra Viso.
- 5. Diego Alonso de Abel.