Eventos

Exeria levará o seu novo directo a Ourense

Exeria actuará proximamente en Ourense cun concerto no xa emblemático Café Cultural Auriense, onde a banda de rock alternativo presentará un espectáculo renovado e con novidades no repertorio.

A cita chega despois dun intenso arranque de xira para o grupo, que continúa consolidando a súa presenza na escena musical galega.

Exeria levará o seu novo directo a Ourense

A formación pechou o ano 2025 cun concerto na Sala Capitol abrindo para De Ninghures. Xa neste 2026, iniciaron a súa xira no JJ Copas cunha actuación especial na que colaboraron coa artista Sés grazas ao programa EnFoco 2025 da Fundación SGAE. A banda celebrou ademais o seu quinto aniversario cun concerto cargado de convidados.

Exeria levará o seu novo directo a Ourense

Exeria tamén participou recentemente na festa de presentación do Satur-Day Fest, celebrada na nova sala O Adro.

A actuación en Ourense contará cunha previa acústica no Ceres 1894, onde o grupo interpretará algúns temas no seu formato máis íntimo. Xa no concerto principal estarán acompañados pola banda local Syntomía, que exercerá de teloneira.

Publicaciones relacionadas

A organización anunciou ademais que a taquilla funcionará mediante un sistema de entrada inversa. Isto permitirá que cada asistente aporte a cantidade que considere segundo as súas posibilidades.

A cita servirá tamén para presentar o último traballo de Exeria, o sinxelo “Como un xove é” Este tema conta incluso cunha versión en xaponés. Na canción, a banda ironiza sobre as críticas ás novas xeracións e mestura esa reflexión cun ton melancólico sobre o paso do tempo e as limitacións que chegan coa idade.

Botón volver arriba