O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, animou á cidadanía a achegarse á exposición “Gulías y la Subdelegación de Defensa. Su visión de la ciudad”.
Esta mostra permite afondar na obra do recoñecido arquitecto ourensán.
Exposición en Ourense amosa a visión urbanística de Gulías
Fíxoo durante o acto de inauguración da exposición, que permanecerá aberta ao público ata o 25 de xuño no edificio da Subdelegación de Defensa, situado na Rúa do Paseo. “É unha cita única para coñecer a obra dun personaxe esencial para entender a cidade de Ourense”, declarou Santos, destacando o valor histórico e patrimonial do legado de Gulías.

A mostra reúne planos, fotografías e documentación arredor da relación entre Gulías e a Subdelegación de Defensa, ofrecendo unha visión singular da evolución urbanística da cidade a través dos ollos dun dos seus arquitectos máis emblemáticos.