Entrevistas

Falamos có novo Bispo de Santiago

Falamos có novo Bispo auxiliar da Arquidiocese de Santiago de Compostela, D. Francisco José Prieto Fernández, para coñecer as súas impresións ante o nomeamento que acaba de recibir.

Os que teñen a sorte de coñecer a D. Francisco José Prieto, poden destacar nel a unha persoa sinxela, amable e inspiradora. Párroco desde fai 11 anos na igrexa de San Pío X, Paco (como é coñecido no barrio) é unha persoa próxima.

Falamos có novo Bispo de Santiago
Falamos có novo Bispo de Santiago

Xunto có párroco D. Luis Rodríguez, converteron a Parroquia de San Pio X, no barrio de Mariñamansa, nun lugar de encontro, de comunidade e de fe. Agora, Paco asume unha tarefa de gran envergadura que sabemos, saberá afrontar con humildade desde a excelente formación e experiencia que leva nas súas costas.

Ourense perde un párroco pero gaña un Bispo que sempre terá un vínculo especial có seu barrio natal de A Carballeira e a súa parroquia de San Pio X.

Entrevista con D. Francisco José Prieto

A pesar da intensa axenda de D. Francisco José Prieto desde a roda de prensa onde se deu a coñecer o nomeamento, tivo uns minutos para poder falar con nós e responder a unhas preguntas.

¿Que supón ser nomeado Bispo auxiliar de Santiago?

Supón unha chamada importante que me fai a igrexa a servila, neste caso a igrexa de Santiago de Compostela como Bispo Auxiliar. É un servizo que se presta ó seu arcebispo, D. Julián e a toda esa realidade diocesana que é grande xeográficamente falando e moi rica e diversa. Por tanto, é unha chamada que para min é un reto e un voto de confianza, pero sabendo que teño que vivila desde as miñas limitacións. Coa boa vontade de servir a esa igrexa, a Arquidiocese de Santiago de Compostela e o seu Arcebispo.

¿Como será o seu vínculo con Ourense a partir de agora?

Sigo vinculado con Ourense ata principios de Abril . Está previsto que a ordenación episcopal sexa o sábado 10 de abril na semana de Pascua. Si as circunstancias nas que estamos o permiten aínda que seguramente con limitación de aforo. Sigo sendo sacerdote en Ourense durante estes dous meses aínda que xa estou denominado como Bispo Auxiliar electo de Santiago. Aquí sigo traballando na miña diocese e botando unha man na parroquia. Unha vez que sexa ordenado Bispo, unha vez que tome posesión, xa quedo vinculado á igrexa de Santiago de Compostela.

¿Que lle aportou o seu paso pola parroquia de San Pío X?

Os once anos que pasei colaborando na parroquia de San Pío X con D. Luis, o meu compañeiro, foron moi enriquecedores, certamente moi enriquecedores. Coñecín e aprendín moito da xente no día a día. Aprendín moito de Luis no seu traballo pastoral como párroco e colaborando con el. Foron uns anos fermosísimos de traballo na parroquia coa xente e cós grupos cunha dispoñibilidade e xenerosidade extraordinaria.

As misas de catequeses cós nenos, toda a expresión diversa na parroquia, a proximidade có colexio con ese gran equipo de profesores, os campamentos de verán, en definitiva, unha gran contribución e gran riqueza para a miña vida sacerdotal nestes últimos once anos.

¿Que retos afronta no seu novo destino?

Os retos supoño que os irei coñecendo más cando estea alí situado en Santiago de Compostela. Cando poida recoñecer in situ pouco a pouco de xeito máis concreto e máis real cal é a vida de Arquidiocese de Compostela. O meu maior reto será aprender a servir a esa igrexa con xenerosidade e con dispoñibilidade e auxiliando na súa labor ó Arcebispo D. Julián. Dispoñibilidade tamén para ir coñecendo o que alí hai para ir pouco a pouco tratando de auxiliar como Bispo. Chegar alí onde se me pida que o meu ministerio episcopal sexa frutífero para a vida desa Diocese.

De entrada coñecer, escoitar e aprender. Penso que é o reto que teño para coñecer dun xeito moito mellor esa riqueza extraordinaria que ten esa Igrexa.

Igrexa, por certo, que está agora mesmo noutro reto importante e debo axudar e colaborar en todo o que se me pida de cara ó Ano Santo que se está iniciando. Como xa se sabe, o Papa Francisco tivo a ben prorrogalo ata o ano 2022 dadas as circunstancias nas que estamos. Creo que é unha das cuestións prioritarias.

O reto de como podo desde a igrexa de Santiago de Compostela axudar tamén a responder neste momento en que compre que todos botemos unha man como sociedade, tamén como igrexa, na situación da pandemia que estamos vivindo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba