A Feira do Libro de Ourense abriu esta mañá as súas portas coa participación do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, quen destacou o papel destes eventos para fomentar o hábito lector e achegar os libros á cidadanía.
Durante a inauguración, Pardo sinalou que a feira permite conectar tanto cos lectores habituais como con aquelas persoas que aproveitan esta cita para recuperar o interese pola lectura.
A Feira do Libro de Ourense reivindica a lectura
Ademais, definiu estas feiras como o principal escaparate anual do sector editorial galego.

“Estas feiras constitúen o gran escaparate anual do noso sector editorial, polo que quero trasladar os meus parabéns aos libreiros de Ourense e Galicia”, afirmou.

