Eventos

Feira e Mercado Medieval en Maceda

O luns, 15 de agosto, terán lugar unha Feira e un Mercado Medieval en Maceda na fraga que está ó carón do Castelo.

Este evento tivo unha importante acollida en edicións anteriores ó estar situado ó carón do impoñente Castelo de Maceda.

Feira e Mercado Medieval en Maceda

Ás 14h terá lugar un xantar que inclúe Empanada, Tenreira ó espeto, Bica, pan e viño. Os tickets para a comida poden adquirirse en varios establecementos de Maceda ou no propio concello. O prezo do ticket é de 10€.

Feira e Mercado Medieval en Maceda

A organización dispuxo un programa de actividades ó longo do día para recrear escenas medievais. Desfile e torneos permitirán gozar dunha xornada na que tamén haberá espazo para as actividades infantís.

Programa de Feira Medieval

  • 12:00 h Apertura da Feira e Mercado Medieval na Fraga do Castelo.
  • 13:00 h Desfile Medieval dende a Praza das Toldas ata o Castelo de Maceda.
  • 14:00 h Comida na Fraga do Castelo
  • 18:00 h Torneo Medieval nas inmediacións do Castelo de Maceda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.