Unha festa Ibicenca é a nova proposta que a asociación Loiro na Memoria nos presenta para esta fin de semana.
As altas temperaturas fan moi difícil saír á rúa durante as horas centrais do día. A maioría da poboación busca refuxio en lugares con temperaturas máis suaves ou acode a refrescarse nas piscinas.
Festa Ibicenca en Loiro
Unha vez que vai acabando o día e o termómetro da un respiro, a poboación sae a rúa para gozar de temperaturas menos sufocantes. Este sábado, 6 de agosto, a Asociación Loiro na Memoria preséntanos unha proposta lúdica para gozar do verán cun xeito distinto.
Unha Festa Ibicenca coa mellor música Latin House comezará ás 22h. O evento, con entrada de balde, terá lugar xunto ó Museo Etnográfico de Loiro (Barbadás).
