As Festas de San Pedro en Chaioso celebraranse os días 27, 28 e 29 de xuño de 2025 cun programa cheo de música, diversión e tradición.
O programa inclúe concertos, verbenas, competicións e sorteos que prometen animar veciños e visitantes.
Chaioso celebra as festas de San Pedro
Chaioso, no concello de Maceda, prepárase para vivir unha intensa fin de semana coas súas tradicionais festas patronais na honra a San Pedro. Estas celebracións terán lugar os días 27, 28 e 29 de xuño de 2025.
O venres 27 abrirase coa festa nocturna “Chaioso Fest”, que se estenderá desde as 23:00 ata as 5:00 horas e contará coas actuacións dos DJs Hugorp, Sandín e Blits.
O sábado 28 ás 15:00 celebrarase o esperado Campionato de Subastado, mantendo os mesmos premios que o ano anterior. A música volverá pola noite cunha gran verbena a cargo da orquestra Horizon, que ofrecerá o seu espectáculo “The Show”. Durante o descanso, sortearase unha pantalla LED LG UHD de 75”, unha caixa de aceite de xirasol, 50 euros en carburante e un satisfayer.
O domingo 29 será a quenda das semifinais e finais do Campionato de Subastado. Esta competición será a partir das 15:00 horas, pechando así un intenso programa de festas.

A maiores, os días 14, 15 e 16 de agosto celebrarase unha actividade especial: “O Pobo Fantasma de Chaioso”, unha cita alternativa que promete misterio e entretemento no verán macedán.