Deportes

Fin de semana de moita actividade en Athlos

A pasada fin de semana presentou moita actividade para os deportistas de Athlos que participaron en varios torneos por toda España.

Xogadores de diversas idades competiron mostrando un gran nivel nas competicións nas que participaban.

Fin de semana de moita actividade en Athlos

A adestradora Sara Ezquerro acompañou ós xogadores que participaron no Máster N1-N4 Sub15 que se celebrou en Leganés (Madrid). Adrián Seijo, David Casas e Antón González mostraron un bo nivel e lograron valiosos puntos para o clasificación nacional.

Fin de semana de moita actividade en Athlos

En Toledo, Ignacio Fernández e Manuel G. Rosendo lograron dous quintos postos en dobres masculinos no Spanish Parabadminton Internacional. O quinto posto de Ignacio Fernández foi na categoría WH1-WH2 e a de Manuel G. Rosendo en SU5.

En Palos de la Frontera (Huelva) competiría Xoel Álvarez. A súa participación no Máster N1-N4 Sub19 permitiulle sumar puntos para mellorar na clasificación nacional.

A última cita na que atopamos representación do Club Athlos foi o Campionato de España universitario. Este torneo, celebrado en Santander, contou coa participación de Antonio Iglesias representando á Universidade de Vigo. O xogador de Athlos logrou a medalla de prata en competición individual e o bronce por equipos.

Botón volver arriba