Os clubs Escola Pavillón e Club Ximnasia Pavillón brillaron na primeira fase da Copa Deputación e Provincial Escolar-Promoción-Prebase.
Nestas competicións lograron 16 ouros, 1 prata e 1 bronce, ademais de sete cuartos postos.
Gran actuación dos clubs Pavillón Ourense na Copa Deputación
A competición reuniu a máis de 500 deportistas dos que preto de 200 ximnastas eran do Club Ximnasia Pavillón. Destacaron os ouros en Copa Deputación Individual de Paula Regueiro Moldes, Ximena González López, Noa Miranda Álvarez, Olivia Currás Conde, Valeria Sotelo Lorenzo e Pura Diéguez Nóvoa. Ana Sofía Fernández Sindín acadou bronce e houbo varios cuartos postos.
Nos conxuntos, os equipos Escola Pavillón e Club Ximnasia Pavillón tamén subiron ao podio, con ouros en diversas categorías e unha prata. En nivel Promoción e Prebase, Carlota García-Peñuela Fernández foi ouro en individual, e varios conxuntos tamén acadaron o primeiro posto.

A competición amosou o gran nivel da ximnasia ourensá, coa participación de diversas escolas e vilas como Pereiro, Club Miraflores-Madre Trinidad, Ribadavia, Barbadás e Xinzo de Limia.