Noticias

Guillermo Tomás será o candidato socialista na Mezquita

Guillermo Tomás García será o candidato socialista na Mezquita nas vindeiras eleccións municipais que se celebrarán o domingo, 28 de maio.

Con experiencia na xestión municipal tras formar parte do grupo de goberno durante dous mandatos na década dos 90, Guillermo Tomás loitará pola alcaldía.

Guillermo Tomás será o candidato socialista na Mezquita

«Conseguimos unha candidatura ilusionada e con ganas de traballar por este concello e agardamos acadar a confianza maioritaria das nosas veciñas e veciños para desenvolver o noso proxecto socialista», destaca o candidato.

Guillermo Tomás será o candidato socialista na Mezquita

O legado das etapas onde o PSdeG-PSOE gobernou na Mezquita é unha das bazas que mostra Guillermo Tomás. «Melloráronse os servizos básicos e o abastecemento de auga, creáronse os accesos aos núcleos de poboación, asfaltáronse as estradas, construíuse a casa do concello, a piscina e o pavillón municipal, ademais de incorporar nova maquinaria e de por en funcionamento o tanatorio ou a casa da cultura».

Botón volver arriba