A escritora Inma López Silva presenta a súa última novela «Escola de Mulleres» esta semana en sendos actos en Ourense e no Carballiño.
Cunha longa e premiada obra literaria, Inma López é unha das mellores autoras da literatura galega e ven á provincia de Ourense a presentar o seu último traballo.
Inma López presenta a súa novela «Escola de Mulleres»
Entre os premios obtidos pola autora destacan o Premio Xerais de 2002 (Concubinas), Premio Manuel Murguía en 2005 (Aqueles que retratan o vento), Premio Blanco Amor no 2007 (Memoria de cidades sen luz) e o Premio Antón Losada Diéguez en 2017 (Aqueles días en que éramos malas).
Espazo Lector Nobel Ourense
O primeiro acto será este xoves, 15 de xuño, no Espazo Lector Nobel de Ourense (Santo Domingo, 66). A escritora Cristina Pato será a encargada de presentar á autora de «Escola de Mulleres» nun acto que comezará ás 19:30h.

OZOCOgz
O venres, 16 de xuño, Inma López Silva estará no Carballiño para presentar a súa novela no local de OZOCOgz (Rúa Curros Enríquez, 29). Ademais da autora, neste acto participarán Marta Fernández Justo, estudante de filoloxía galega, e Francisco Castro Veloso, director xeral da Editorial Galaxia.
