Noticias

Jácome valora positivamente as festas da Ponte

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, valora positivamente as festas da Ponte tras congregar a miles de persoas nas actuacións programadas.

«Hai anos que non se vía tanta xente» indicou Pérez Jácome que tamén subliñou que «podemos dicir que se recuperou a tradición das grandes festas do Santiago Apóstolo».

Jácome valora positivamente as festas da Ponte

Esta valoración chega tras rematar os catro días de celebración das festas da Ponte 2023. «As atraccións de feira estiveron cheas durante as xornadas vespertinas, as e actuacións musicais tiveron moita pegada» destacou Jácome que puxo de exemplo a actuación da orquestra La Misión «que congregou entre 5.000 e 6.000 persoas o luns á noite».

Jácome valora positivamente as festas da Ponte
Foto: concello de Ourense

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.