O Partido Popular de Ourense anunciou este xoves a Javier Rodríguez Rajo como candidato á Alcaldía de Barbadás nas eleccións municipais de 2027, ao tempo que asumirá a presidencia da xestora local da formación.
Rodríguez Rajo, veciño de Barbadás e con ampla traxectoria no ámbito universitario, liderará o proxecto popular para os próximos comicios.
Javier Rodríguez Rajo será o candidato do PP á Alcaldía de Barbadás
O PP destaca o seu perfil e sinala que a súa proposta estará centrada na estabilidade municipal e na atención ás necesidades da veciñanza.

Entre as prioridades avanzadas pola formación figuran a mellora das infraestruturas, o apoio ao comercio local e o reforzo das políticas dirixidas a maiores e mozos, cunha proposta que pretende abranguer as distintas parroquias do municipio.
O presidente provincial do PP, Luis Menor, asegurou que “Barbadás merece o goberno solvente e estable que vai garantir o PP”.
O nomeamento prodúcese poucos meses antes das municipais de maio de 2027 e despois de que o PP descartase participar nunha eventual moción de censura contra o actual alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.

