Noticias

O PSOE acusa a Valcárcel de “traficar cos cargos”

O PSdeG-PSOE de Barbadás acusa ao alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, de utilizar os cargos institucionais para manterse no poder tras o acordo que permitiu o regreso de Democracia Ourensana ao goberno municipal e a reincorporación de Daniel Rey.

A voceira socialista, Victoria Morenza, considera que o pacto evidencia que ao rexedor “só lle interesa agarrarse ao cargo” e denuncia un “mercadeo político” coas institucións municipais.

O PSOE acusa a Valcárcel de “traficar cos cargos”

Segundo Morenza, os cambios de alianzas durante o mandato demostran que os intereses partidistas e electorais están por diante das necesidades da veciñanza. A socialista critica tamén que os cargos públicos se utilicen como “fichas de intercambio” para garantir a continuidade política.

O PSOE acusa a Valcárcel de “traficar cos cargos”

“Barbadás non merece un goberno que funcione en base a cambalaches, acordos de despacho e intereses electorais”, afirma Morenza, que reclama respecto ao mandato das urnas e lembra que os cargos institucionais “pertencen á cidadanía”.

Botón volver arriba