Noticias

Jesús Pereiras repite como candidato socialista en Cartelle

Jesús Pereiras Vázquez repite como candidato socialista no Concello de Cartelle para as eleccións municipais do 28 de maio.

Tras un primeiro intento nas municipais de 2019, Jesús Pereiras aspira de novo á alcaldía de Cartelle «tras catro anos de intenso traballo percorrendo todos os recunchos de Cartelle, escoitando á veciñanza e levando as súas reclamacións a un consistorio que fai oídos xordos aos problemas cotiás do noso concello e das súas xentes».

Jesús Pereiras repite como candidato socialista en Cartelle

Unha das principais inquedanzas do candidato é a situación laboral da cidadanía do concello. «O emprego en Cartelle non existe, porque ao actual equipo de goberno non lle preocupa a mocidade, nin o avance económico da vila».

Jesús Pereiras repite como candidato socialista en Cartelle

Para as eleccións do mes de maio, Pereiras Vázquez agarda que sexan «unha oportunidade única para mudar a deriva que vive Cartelle e apostar por un novo goberno progresista e que poña o foco nas persoas e en solucionar os problemas cotiás para mellorar a súa calidade de vida, sen deixar a ninguén atrás».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.