Eventos

Programa completo das Festas das Maravillas 2026

A localidade prepárase para as Festas na honra a Nosa Sra. das Maravillas 2026, que terán lugar os días 22, 23, 24, 25 e 31 de maio.

O programa combina os actos relixiosos tradicionais cunha potente oferta musical que inclúe algunhas das mellores orquestras de Galicia.

Programa completo das Festas das Maravillas 2026

As celebracións arrincarán o venres 22 cunha cea popular amenizada pola disco móbil Apocalipsis e o Trío 3.Com. O sábado 23, a Orquestra Charleston Big Band será o prato forte da verbena, tras unha xornada que contará con xogos infantís. Tamén haberá pasarrúas a cargo das charangas BCB e Street Band.

O domingo 24 destaca pola II Feira Artesanal das Maravillas, aberta durante todo o día. No apartado musical, a Orquestra Saudade e o Dúo Maratón poñerán o ritmo á noite. O luns 25, os veciños poderán gozar da Orquestra Tango e o Trío Vaivén. A procesión da Virxe das Maravillas estará acompañada por unha charanga.

Finalmente, o domingo 31 de maio pecharanse os festexos cun mercado de obxectos de segunda man, a tradicional poxa de flores e unha sesión vermú con Sergio Álvarez. Durante os días principais, o recinto contará con servizo de pulpo e carpa para os asistentes.

Programa completo das Festas das Maravillas 2026

Botón volver arriba