Deportes

O Jiu Jitsu Marbel conquista 17 medallas en Castellón

O Jiu Jitsu Club Marbel conseguiu 17 medallas no II Open Nacional Infantil de Jiu Jitsu ‘Bravo Playa’, celebrado o pasado 14 de novembro en Castellón de la Plana. Oito deportistas ourensáns participaron na competición e todos regresaron con algún metal.

O club duplicou tanto o número de participantes como o de medallas respecto á edición anterior.

O Jiu Jitsu Marbel conquista 17 medallas en Castellón

En Ne Waza, Valentina Araújo, Carla Varela, Olivia Fernández, Alicia Caneiro, Alicia Pazos e Carla Seoane conseguiron os ouros nas súas respectivas categorías. Álvaro Seoane acadou unha prata, mentres que Beatriz Nesi e Cayetana Lalín sumaron dous bronces.

O Jiu Jitsu Marbel conquista 17 medallas en Castellón
Foto: Club Marbel.

Na modalidade de loita total, Alicia Pazos conseguiu a prata e Álvaro Seoane o bronce. Carla Seoane repetiu o ouro, mentres que Nesi e Lalín volveron subir ao podio con dous bronces.

A competición de dúos completou o medalleiro ourensán con tres ouros: Valentina Araújo e Carla Varela, Alicia Caneiro e Olivia Fernández, e Alicia Pazos e Álvaro Seoane.

Publicaciones relacionadas
O Jiu Jitsu Marbel conquista 17 medallas en Castellón
Foto: Club Marbel

Os adestradores Anita Fernández e Felipe Iglesias, actual seleccionador galego, valoraron moi positivamente os resultados e o debut de cinco novas competidoras.

Botón volver arriba