Deportes

José Vázquez lidera o éxito do Ximnasia Pavillón no Campionato Galego

José Vázquez proclámase campión galego absoluto e os conxuntos senior do Ximnasia Pavillón Ourense aseguran a súa presenza nos nacionais de Guadalajara e Castellón.

A Cancha Central dos Remedios acolleu este sábado 16 de maio unha das citas de maior nivel do calendario autonómico coa disputa do Campionato Galego individual feminino, individual por equipos, individual masculino e o control para a II Fase da Copa de España de conxuntos.

José Vázquez lidera o éxito do Ximnasia Pavillón no Campionato Galego

O club ourensán acudía á competición cos seus tres conxuntos elite e co ximnasta José Vázquez na categoría individual masculina, nunha xornada que rematou cun balance moi positivo para a entidade.

José Vázquez lidera o éxito do Ximnasia Pavillón no Campionato Galego
José Vázquez coa súa adestradora Raquel Dafonte. Foto: Club Ximnasia Pavillón

José Vázquez asinou unha brillante actuación ao conquistar catro medallas na competición autonómica. O ourensán foi prata no exercicio de aro, bronce en corda e ouro en mazas. A suma das puntuacións nos tres aparatos permitiulle proclamarse campión galego individual senior. Confirman con este resultado o seu excelente estado de forma de cara aos próximos compromisos nacionais.

Xa en sesión de tarde chegou a quenda dos conxuntos. O equipo junior abriu a participación do club cun exercicio moi sólido e ben executado que lle valeu a terceira posición, quedando ás portas da clasificación para a fase estatal.

Pola súa banda, o conxunto senior feminino debutou esta tempada cun exercicio que lle permitiu acadar a segunda praza. A pesar de contar aínda con marxe de mellora, o equipo asegurou a súa presenza na seguinte fase nacional.

Tamén logrou o subcampionato o conxunto senior mixto, que completou unha actuación de gran intensidade e confirmou igualmente o seu pase á competición estatal.

José Vázquez competirá no Campionato de España masculino, que se celebrará en Guadalajara entre os días 17 e 21 de xuño. Pola súa parte, os dous conxuntos senior do club, tanto o mixto como o feminino, disputarán a II Fase da Copa de España en Castellón de la Plana entre o 1 e o 5 de xullo.

Botón volver arriba