Ante a proximidade do Día do Libro, mostramos a lectura que recomenda Alba Iglesias, secretaria xeral das xuventudes socialistas de Ourense.
Ourensenarede pediulle que nos recomendase un libro que poida ser de interese para outras persoas e que nos indicase as razóns polas que o recomenda.
O Día do Libro é unha celebración significativa que promove a lectura, a educación e a cultura ao redor do mundo. Esta data especial resalta a importancia dos libros como fonte de coñecemento, imaxinación e entretemento, mentres honra o legado de grandes autores e obras literarias.
A lectura que recomenda Alba Iglesias
“Dime quién soy” de Julia Navarro (2010).
Un dos meus libros favoritos. Trátase dun paseo extraordinario pola nosa historia a través
dos ollos dunha muller revolucionaria, idealista e empoderada, que fuxiu de España antes
do estalido da Guerra Civil.
É un deses libros que funciona como máquina do tempo e levarache desde a España
Republicana ata a caída do muro de Berlín.
Nestes tempos que corren, nos que as dereitas se esforzan en construír a desmemoria
colectiva, o silencio, o medo e o esquecemento da ditadura, é imprescindible ler novelas de
corte histórico como esta.