Colaboraciones

A lectura que recomenda Roberto Pascual

Ante a proximidade do Día do Libro, mostramos a lectura que recomenda Roberto Pascual, Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

Ourensenarede pediulle que nos recomendase un libro que poida ser de interese para outras persoas e que nos indicase as razóns polas que o recomenda.

O Día do Libro é unha celebración significativa que promove a lectura, a educación e a cultura ao redor do mundo. Esta data especial resalta a importancia dos libros como fonte de coñecemento, imaxinación e entretemento, mentres honra o legado de grandes autores e obras literarias.

A lectura que recomenda Roberto Pascual

A lectura que recomenda Roberto Pascual

Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà, editado por Kalandraka e traducido por María Alonso Seisdedos.

A riqueza léxica, a orixinalidade narrativa e o amor pola natureza, fixeron que namorase deste libro.

É unha lectura esixente, porque te obriga a conectar os tempos e os lugares da ficción, a pensar na historia e na vida de moitas persoas nun lugar tan fascinante coma os Pirineos cataláns e a querer aprender e sumar vocabulario grazas a unha tradución exquisita.

Para as persoas que aman a natureza e os animais, atoparán aquí unha sensible voz narrativa que destila beleza e forza (como pode acontecer coa vida ou coa morte) en cada capítulo.

Botón volver arriba