Colaboraciones

A lectura que recomenda Uxía Tizón

Ante a proximidade do Día do Libro, mostramos a lectura que recomenda Uxía Tizón, xurista e Deputada Nacional na XIV Lexislatura.

Ourensenarede pediulle que nos recomendase un libro que poida ser de interese para outras persoas e que nos indicase as razóns polas que o recomenda.

O Día do Libro é unha celebración significativa que promove a lectura, a educación e a cultura ao redor do mundo. Esta data especial resalta a importancia dos libros como fonte de coñecemento, imaxinación e entretemento, mentres honra o legado de grandes autores e obras literarias.

A lectura que recomenda Uxía Tizón

A lectura que recomenda Uxía Tizón
Foto: Uxía Tizón

«Todo empieza en septiembre» de Daniel Bernabé (Planeta 2023).

A lectura que recomenda Uxía Tizón

Sempre é un pracer ler libros que convidan a pensar, a ir máis alá do que a historia presenta nun primeiro intre.

Todo empieza en septiembre” é un claro reflexo diso. Trata sobre un escritor que fuxe dos compromisos laborais, cunha vida de sentir frustrado, a punto de entrar na ruína. Un protagonista que bota en falta a revolución. De súpeto, recibe unha información sobre a posibilidade de que a democracia española salte polos aires en vésperas dunhas eleccións precipitadas. Unha situación na que terá que tomar importantes decisións.

Unha historia na que o autor é capaz de combinar trama de conspiración coa historia persoal e emocional do protagonista. Unha figura que reflexa a xeración coa que moitos nos identificamos, da que se esperaba moito e pensaba que todo era doado de acadar. Pero a realidade, ás veces, bate forte.

Este libro amosa a radiografía perfecta da España actual, condimentada con sátira e ironía, que axuda a reflexionar sobre política, sociedade e os valores actuais. Unha novela que tenta espertar a toda unha xeración que debe estar sempre alerta, para salvar todo aquelo que se pode perder. Para salvar algo tan fráxil como é a democracia.

Botón volver arriba