Colaboraciones

A lectura que recomenda Xan Padrón

Ante a proximidade do Día do Libro, mostramos a lectura que recomenda Xan Padrón, fotografo ourensán que ten o seu estudio no centro cultural Mana Contemporary en New York (EEUU).

Ourensenarede pediulle que nos recomendase un libro que poida ser de interese para outras persoas e que nos indicase as razóns polas que o recomenda.

O Día do Libro é unha celebración significativa que promove a lectura, a educación e a cultura ao redor do mundo. Esta data especial resalta a importancia dos libros como fonte de coñecemento, imaxinación e entretemento, mentres honra o legado de grandes autores e obras literarias.

A lectura que recomenda Xan Padrón

A lectura que recomenda Xan Padrón
Foto: Xan Padrón

Recomendaría “No día do seu enterro”, unha novela escrita por Cristina Pato, a muller coa que tamén comparto a miña vida.

Version 1.0.0

Ambientada no Ourense dos anos oitenta e noventa, reflicte marabillosamente a vida desta época e retrata unha sociedade con estratos claramente definidos, de nobreza herdada e nobreza humana coexistindo no Ourense vello, pero tamén en Covadonga.

No casco vello dos oitenta e noventa é onde vive o personaxe principal e as súas fillas e tamén onde se desenrola a meirande parte da trama. Cada unha das tres fillas ofrecen unha viaxe singular por aquel Ourense mentres tentan resolver un enigma familiar, que lles obrigará a abrir os ollos e espertar ante unha realidade moi diferente á que pensaban.

Unha historia que está inspirada na vida real do pai de Cristina Pato e que tamén bebe das súas propias experiencias crecendo no corazón dos viños.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.