O concello de Leiro presenta o programa da festa da Vendima que na edición de 2023 contará coa presenza como pregoeiro de D. José González Vázquez.
A XXXII edición da Festa da Vendima de Leiro contará cun programa que comeza o sábado, 26 de agosto, e terá o seu día grande o domingo, día 27.
Leiro presenta o programa da Festa da Vendima
Unha gran participación da veciñanza e a asistencia de numerosos visitantes fan que Leiro sexa un formigueiro de persoas durante a celebración da Festa da Vendima.
Programa de actos
O programa de actividades comezará o sábado, 26 de agosto, coa Ludoteca infantil (17h) e a apertura da 4ª edición da Mostra de viños (21h).
Domingo, 27 de agosto
- 10h – Recepción de Acios a concurso e posterior exposición
- 11:30h – Benvida a autoridades e convidados na casa do concello
- 12h – Lectura do pregón na Praza do cruceiro a cargo do Conselleiro de Medio Rural, D. José González Vázquez.
- 12:15h – Desfile de Carrozas e Charangas
- 13:30h – Concerto da Real banda de Gaitas da Deputación de Ourense no Salgueiral
- 14:30h – Visita ó XVIII Mercado artesanal instalado no Salgueiral e Xantar Popular
- 17:45h – Fútbol de Veteranos
- 20h – Concerto Corais da Vendima
- 22h – Actuacións musicais no Salgueiral