A 42ª Carreira Popular de Leiro celebrouse este domingo coa participación de numerosos corredores e corredoras nunha das probas de atletismo popular máis consolidadas da provincia de Ourense.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na saída da competición, que conta coa colaboración da Administración autonómica.
A 42ª Carreira Popular de Leiro consolídase como referente do atletismo galego
A carreira figura no calendario oficial federativo e destaca por contar cun percorrido absoluto de 10 quilómetros homologados, unha característica que a converte nunha referencia para deportistas e afeccionados ao atletismo.

A Xunta destacou o apoio a esta cita deportiva, considerada unha das máis relevantes do calendario atlético tanto na provincia como no conxunto de Galicia, polo seu prestixio e continuidade ao longo de máis de catro décadas.

