Deportes

Leyla e Manuela brillan no Campionato de España absoluto de pista curta

As atletas ourensás Leyla e Manuela destacaron no Campionato de España absoluto de pista curta, celebrado en Madrid.

Esta actuación reafirma o seu potencial na elite do atletismo nacional.

Leyla e Manuela brillan no Campionato de España absoluto de pista curta

Leyla, de 18 anos, debutaba nesta prestixiosa competición e logrou un meritorio 12º posto na súa serie, cun tempo de 4:45.90, que lle valeu a 33ª posición na clasificación xeral. A proba foi de gran intensidade, cun primeiro paso polos 400 metros en 1:12.74 e o segundo en 2:25.82, mantendo o ritmo do grupo principal ata os últimos 500 metros.

Leyla e Manuela brillan no Campionato de España absoluto de pista curta
Foto: Club Ourense Atletismo

Pola súa banda, Manuela, que participaba por segunda vez nun absoluto, mellorou a súa anterior marca e acadou a 10ª posición final. Ademais, fixo historia ao bater a súa propia marca persoal e establecer un novo récord galego sub20 cun salto de 3.95 metros. A súa actuación estivo chea de emoción e superación, pois varios intentos nulos complicaron a súa clasificación, a pesar de acadar a mesma altura que as sétimas clasificadas.

Con estes resultados, Leyla e Manuela consolidan o seu crecemento deportivo e seguen demostrando que o atletismo galego ten un gran futuro por diante.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.