Noticias

Lola Doporto logra unha importante recadación para a AECC

A artista de Valdeorras, Lola Doporto, logra unha importante recadación para a AECC a través da venta de panos solidarios contra o cancro.

Esta iniciativa da artista consiste nunha colección de panos con estampados, rechamantes, coloridos e a base artística que Doporto plasmou neles.

Lola Doporto logra unha importante recadación para a AECC

A recadación acadada pola venta destes panos vai dirixida á Asociación Española Contra o Cancro en Ourense. Nun acto realizado no casino de O Barco de Valdeorras, Lola Doporto fixo entrega dun cheque de 1.300 euros que será destinado á «adquisición de material para o banco de perrucas».

Lola Doporto logra unha importante recadación para a AECC
Foto: AECC

Germán Rodríguez-Sáa, presidente da AECC en Ourense, recibiu o cheque nun acto no que tamén estiveron presentes o xefe do servizo de oncoloxía do CHUO, Jesús García Mata, e a delegada da asociación no Barco, Gloria Pérez.

Botón volver arriba