Colaboraciones

Lucía Álvarez recomenda a lectura de…

Lucía Álvarez, actriz e directora, recomenda a lectura dun libro que para ela ten un significado especial con motivo do Día Internacional do Libro 2023.

Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase o que lle aportou e por que o recomenda.

Lucía Álvarez recomenda a lectura de…

Lucía Álvarez recomenda a lectura de...
Lucía Álvarez
Foto: Esther Marí

«Todo va a mejorar» – Almudena Grandes

TusQuets editores

«Todo va a mejorar« e o título da novela póstuma da mellor escritora do século XX: Almudena Grandes. Póstuma, como doe esa palabra.

Ten algo de sagrado e de íntimo esta recomendación pois saboreas cada palabra sabendo que é a última primeira vez que terás con un libro seu.

Sempre esperei os seus libros con ansia e con emoción pois son o regalo de poder adentrarse noutro mundo. Un mundo tan noso, tan de cada un, que nos pertence, que nos ensina cousas e nos fai crecer, valorar e abrir a mente. Ser mais tolerantes e mais respectuosos. Que consigue facernos entender de onde vimos e ordenar recordos e prioridades.

Todo va a mejorar e unha distopía actual e clarividente sobre o mundo no que vivimos. Sobre as consecuencias que deixou en nós esta última época e onde nos recorda unha vez mais que resignarnos non e unha opción.

Para saber de onde vimos e quen somos, para disfrutar, sempre, sempre Almudena Grandes.

Botón volver arriba