Luis Seara, voceiro do BNG en Ourense, pronunciase sobre a sentenza da Praza de San Antonio que recoñece a titularidade pública do subsolo.
«Cómpre facer varias reflexións en torno a este caso. A primeira delas en relación a como xorde esta problemática. Todo isto parte dunha recalificación urbanística sendo Manuel Cabezas alcalde de Ourense e grazas a ese urbanismo salvaxe, de amiguetes e sen apenas control que se practicaba naquel momento e cuxas consecuencias seguimos a pagar hoxe en día co concello inmerso en múltiples causas xudiciais», indica Seara.
Luis Seara pronunciase sobre a sentenza da Praza de San Antonio
Mostra tamén Seara a situación que se deu despois ó conceder a licenza que agora foi anulada. «Chegou un novo Goberno Local que diante da situación e en base o que establecía o propio PXOM de 2003, o de Cabezas, e que despois foi anulado pola xustiza até en 11 sentenzas, ten que outorgarlle licenza e polo tanto legalizar dito aparcadoiro».
Tamén ten palabras o voceiro nacionalista para o papel desempeñado polo actual alcalde, Pérez Jácome. «Estando xa no goberno, Jácome recorreuna aducindo que había que evitar as indemnizacións millonarias que tería que asumir o concello, e sen embargo agora gábase e saca peito da sentenza do TSXG, polo tanto que se aclare».