Noticias

Máis dun millón de euros para arranxar tres rúas en Ourense

Máis dun millón de euros permitirán arranxar tres rúas en Ourense tras adxudicar as obras na última Xunta de Goberno Local que se celebrou esta mañá.

As rúas Valle Inclán, Ramón Cabanillas e Bedoya terán obras de mellora nas próximas semanas tras adxudicar o concello as obras. A inversión municipal neste proxecto alcanza 1,2 millóns de euros.

Máis dun millón de euros para arranxar tres rúas en Ourense

Durante a mesma sesión da Xunta de Goberno analizáronse as ofertas para a instalación do alumeado de Nadal 2022. A empresa Iluminaciones Ximénez será a encargada un ano máis de realizar a instalación. Outro dos asuntos tratados e con especial relevancia social e económica fai referencia ó servizo de axuda no fogar. O concello de Ourense prorrogou o actual servizo por un ano máis cunha achega económica de 4,6 millóns de euros.

Máis dun millón de euros para arranxar tres rúas en Ourense

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.