Deportes

O Marbel brilla no Europeo de Jiu Jitsu en Creta

O Jiu Jitsu Club Marbel de Ourense asinou unha destacada actuación no Europeo celebrado en Creta entre o 14 e o 21 de marzo, cunha expedición histórica de oito deportistas.

A competición desenvolveuse con normalidade pese ao contexto internacional.

O Marbel brilla no Europeo de Jiu Jitsu en Creta

O xefe de equipo, Felipe Iglesias, subliñou que “reinou a calma”, aínda que destacou o gran esforzo que supuxo o campionato.

O Marbel brilla no Europeo de Jiu Jitsu en Creta
Foto: Club Marbel

Principais resultados

  • Prata en Dúo Show Sub21 para Silvia Iglesias e Lucía Caneiro.
  • Ouro en Dúo Máster Show e prata en System para Felipe Iglesias e Xermán Rodríguez.
  • Quinto posto de Leire Carrera (Sub21 -57 kg).
  • Noveno de Rubén Córdoba (Sénior -94 kg).
  • Sexto e sétimo posto para Alicia Pazos e Álvaro Seoane en Sub14.

A cita disputouse no Heraklion Arena, en Heraklion, reunindo a deportistas de máximo nivel internacional.

Botón volver arriba