A escritora María Oruña visita este sábado, 9 de marzo, a tenda OZOCOgz do Carballiño para asinar exemplares das súas obras.
Autora de libros de éxito como «Os inocentes» ou «O que a marea esconde«, María Oruña ten a súa obra traducida a idiomas como o alemán, o francés, o ruso ou o galego.
María Oruña visita a tenda OZOCOgz
Será precisamente o seu tradutor ó galego, César Lorenzo Gil, quen acompañe a María Oruña na súa visita ó Carballiño.

O acto comezará ás 12:30h na tenda ozoquiera e será posible mercar libros alí mesmo para ser asinados ou traer os que xa posúan os asistentes.