Colaboraciones

Mariana Carballal recomenda a lectura de…

Mariana Carballal, docente, actriz e directora, recomenda a lectura de varios libros que para ela teñen un significado especial con motivo do Día Internacional do Libro 2023.

Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase o que lle aportou e por que o recomenda e agasallounos con catro alternativas.

Mariana Carballal recomenda a lectura de…

Foto: redes sociais de Mariana Carballal

“Bambú “ de Isabel Blanco

Editorial Belagua.

Mariana Carballal recomenda a lectura de...

Bambú é un artefacto, como gusta chamar autora. Unha peza de edición bilingüe que atravesa o corazón ao compartir a historia da violencia no propio fogar, que debería ser refuxio. Dunha exultante beleza poética, conmove e emociona . O Bambu protexe e refuxia a nai e a filla. E elas seguen sendo continente e Illa.

«Con esta Hoz» de Samuel Merino

Pompa & Boato

Mariana Carballal recomenda a lectura de...

É unha libro que ofrece tres camiños explícitos de lectura: tres vías ademais de todas as que poida atopar cada lectora. É un poemario bilingüe castelán-galego mais non traducido. É dicir, son dous poemas longos en diferentes idiomas que dialogan. Resumo: é un libro escrito por un galego en galego e en español, editado en Cataluña por dúas editoras asturiás e unha canaria. Con esta Hoz é un canto á diversidade e é o primeiro libro da colección de poesía Miarma da Editorial Disbauxa (Barcelona)

“Besta do seu sangue”de Emma Pedreira

Editorial Xerais

Conxunto de micro unidades que crean unha atmosfera de desacougo desde as diferentes voces e rexistros que a conforman. Baseada no mito de Blanco Romasanta, revisa o Xénero e constrúe unha narrativa potente e perturbadora.

“A conxura dos sete” de Miguel Anxo Fernández

Editorial Galaxia

A saga do detective Frank Soutelo, ten continuidade nesta nova entrega. O ritmo e a linguaxe nesta novela de xénero, lévanos por todas as investigacións con facilidade. Como se nos mesmxs estivésemos a piques de solucionalas mantendo unha tensión constante. Ao tempo gozamos co humor e as sorpresas. Sen faltar a crítica a certas actuacións a idiosincrasia galega. Encántame ver sempre cinema nas novelas de Miguel Anxo Fernández

Mariana Carballal, docente, actriz e directora.

Botón volver arriba