Deportes

Medalla de prata para o Ourense atletismo en Ames

Unha valiosa medalla de prata foi o resultado obtido polo Ourense atletismo no Campionato Galego de Campo a través por remudas mixtas.

Este campionato contou coa participación do equipo ourensán formado por Begoña Domínguez, Matías Regueiro, Leyla Villar e Alejandro Cadaya.

Medalla de prata para o Ourense atletismo en Ames

Os catro atletas lograron un tempo de 18’21» nunha carreira que tiña unha lonxitude de 6000 metros. A diferencia entre os tres equipos que lograron medalla foi mínima.

  • 18’10» – Gimnástica de Pontevedra
  • 18’21» – Ourense Atletismo
  • 18’28» – CA Santiago
Medalla de prata para o Ourense atletismo en Ames
Foto: Ourense Atletismo

Ó mesmo tempo que se celebraba este Campionato, Ames acollía o I Cros de Ames. Nesta proba participou Icía Ares que logrou o 5º posto na carreira Sub18. A atleta ourensá fixou o cronómetro en 12’57» ó completar o circuíto de 3000 metros.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.