Regresa cunha medalla de prata o conxunto sénior do Club Ximnasia Pavillón tras participar en Granada na I Fase Copa Federacións de Ximnasia Estética.
O conxunto formado por Carmen, Candela, Valentina, Xiana e Ángeles, competiron na cidade andaluza acompañadas pola súa adestradora Raquel Dafonte.
Medalla de Prata para o Ximnasia Pavillón en Granada
Desde as primeiras roldas, o conxunto sénior de ximnasia estética do Club Ximnasia Pavillón ocupou o segundo posto que lograría finalmente. Unha vez rematada este competición, as integrantes deste conxunto sénior preparan as seguintes citas deportivas.
O calendario sinala como principais citas a II Fase da Copa, III Fase da Copa do Mundo e o Torneo Países Mediterraneos.