O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín recibe un dos Premios Rebulir da Cultura Galega 2022 como recoñecemento á súa produción cultural.
Trala reunión telemática dos membros do xurado da 11ª edición dos Premios Rebulir, xa coñecemos a identidade dos premiados.
Méndez Ferrín recibe un dos Premios Rebulir 2022
As tres categorías dos Premios Rebulir contaban cunha importante lista de candidaturas. Cada unha das propostas contaba con importantes argumentos para ser seleccionadas como merecedoras destes premios da Cultura Galega.

O xurado tivo unha difícil elección para finalmente outorgar os premios a:
- FUXAN OS VENTOS – Premio Rebulir na categoría Música Galega pola súa traxectoria na música tradicional e popular galega.
- CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN – Premio Rebulir na categoría Artes Escénicas por preservar e difundir a tradición oral galega.
- XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN – Premio Rebulir na categoría Homenaxe por ser un dos máximos expoñentes da literatura galega contemporánea.


A entrega dos Premios Rebulir 2022 terá lugar o sábado, 17 de decembro. Ese día, o Complexo Polideportivo de O Picouto (Ramirás) acollerá a Gala central do Festival Rebulir 2022.
Xurado dos Premios Rebulir 2022
A composición do xurado que avaliou as candidaturas dos XI Premios Rebulir da Cultura Galega foi:
- Dna. Sandra González Sousa (Presidenta da AC. Rebulir) – Presidenta do xurado
- D. Alexandre Sotelino Losada (Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, e director artístico/académico do FIR) – Secretario do xurado
- D. Anxo M. Lorenzo Suárez (Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia)
- D. Rosendo L. Fernández Fernández (Vicepresidente da Exma. Deputación de Ourense)
- Dna. Isabel Gil Álvarez (Alcaldesa do Concello de Ramirás)
- Dna. Susana Durán González (Directora Administrativa do FIR)
- Dna. Tamara Costas Caamaño (Profesora de Música, e directora de diferentes colectivos musicais)
- D. Alejandro Lago Barciela (Mestre de Música Tradicional)
- Adela Otero Vázquez (Comunicadora Audiovisual)
- Eva Tato González e Galicia Gutiérrez (Actrices e profesoras de Teatro – voto único-)