Noticias

Galicia rexistra o seu primeiro crime machista de 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presidiu este martes o minuto de silencio convocado fronte á Subdelegación do Goberno.

A convocatoria serviu para condenar dous crimes de violencia machista.

Galicia rexistra o seu primeiro crime machista de 2025

Un deles tivo lugar onte no concello ourensán do Bolo, e o outro foi un crime de violencia vicaria ocorrido o pasado 1 de abril en Murcia.

Na súa intervención, Eladio Santos expresou a condena institucional ante ambos os dous casos. Santos fixo fincapé na proximidade do sucedido en Galicia: “Nesta ocasión tócanos aínda máis de preto polo acontecido no Bolo. Amosamos a nosa máxima empatía, comprensión e escoita coas vítimas de violencia de xénero e coas súas familias, e firmeza e decisión na loita contra a violencia de xénero dende todos os ámbitos”.

Galicia rexistra o seu primeiro crime machista de 2025
Foto: Subdelegación do Goberno

En relación ao caso do Bolo, Santos explicou que a Garda Civil traballa dende o primeiro momento na investigación, recompilando probas e elaborando informes. “Confiamos na Garda Civil que sempre fai un traballo eficaz e rigoroso”, engadiu.

A vítima do Bolo é o primeiro asasinato machista rexistrado en Galicia no que vai de 2025, e o sétimo no conxunto do Estado.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.