Unha sesión de música e humor é a proposta que realiza Afundación para os escolares de Ourense os días 29 e 30 de novembro.
Serán uns 1.900 escolares os que acudirán ó Auditorio de Ourense para gozar coa interpretación de Odaiko Percussion Group.
Música e humor para os escolares de Ourense
40 centros educativos de Ourense e os concellos limítrofes verán o espectáculo «Vaia ritmo!» que se representará en dúas funcións diarias ás 10 e ás 12h.