Noticias

Ningún problema de accesibilidade

Non existe ningún problema de accesibilidade. Esa afirmación é a resposta que se nos facilita desde o PP de Pereiro de Aguiar ante a información publicada recentemente.

Recollíamos o 30 de abril unha información que nos trasladaban uns veciños de Pereiro de Aguiar relativos ó acceso á súa vivenda. Tras pedir solucións ó concello, a reparación realizada non era considerada adecuada.

Ningún problema de accesibilidade

Estas dificultades por non contar cun acceso adecuado tiña como agravante a necesidade de necesitar en ocasións a presenza dunha ambulancia. Ademais da información, achegaban fotografías e desde Ourensenarede fixémonos eco do problema.

Desde o PP de Pereiro fannos chegar o seguinte comunicado e achegan fotografías que indican que a vía de acceso á vivenda está en boas condicións.

ACLARACIÓNS A UNHA INFORMACIÓN TENDENCIOSA.

Estes días en redes sociais, polos partidos da oposición deste concello, estase transmitindo unha información, que por sesgada, non revela a verdade das cousas senón que leva a equívoco. 

Baseadas en dúas fotos moi puntuais pretendese facer crer que, o que foi unha operación de mellora da vía cun acabado da mesma en zahorra (que non terra nin gravilla como se afirma) en dúas fases resulta prexudicial cando a realidade é que se mellorou moito a mesma.

As fotos son ben claras e folgan todos os comentarios… A estrada que leva a unha vivenda, e non ten saída, foi acondicionada, na ultima actuación levada a cabo hai uns días, como se  pediu, ampliouse a plataforma de acceso a vivenda non existindo NINGÚN PROBLEMA DE ACCESIBILIDADE  como se pode observar nas fotos.

Calquera mellora lexitima será atendida polo seu orden pero non se pode confundir aos veciños plantexando esta problemática  de falta de accesibilidade que non existe.

Non queremos polémicas.

Pero tampouco aturar mais esta desinformación que se pretende levar a cabo cun claro interése político.

Grupo do PP do Pereiro

Botón volver arriba