Cajón desastre

Os cen nomes da choiva no dicionario galego

Os nomes da choiva en galego conforman un dos tesouros máis fascinantes da nosa cultura popular e lingüística.

Esta abundancia de termos non é casualidade, senón o reflexo dun pobo que aprendeu a convivir coa auga en todas as súas formas.

Os cen nomes da choiva no dicionario galego

Mentres noutras linguas existen conceptos xenéricos, a riqueza léxica de Galicia permite distinguir entre unha pinga que apenas molla e un trebón que asolaga o campo.

Os cen nomes da choiva no dicionario galego

Chuvia feble: o matiz da delicadeza

Para designar a chuvia feble, a lingua galega ten o maior número de palabras. Aínda que non existe unha explicación científica de por que o galego ten máis vocábulos para a chuvia débil, non sería estraño pensar que é porque é o tipo de precipitación máis común no noso territorio.

Entre a ampla lista de termos para esta chuvia miúda atopamos: babuña, babuxa, barbaña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, borralla, breca, chuvisca, chuviscada, chuviñada, froallo, lapiñeira, marmaña, orballo, parruma, parrumada, patiñeira, patumeira, poalla, poallada, poalleira, poallo e zarzallo.

A forza do ceo: chuvia forte e treboada

Para describires a chuvia máis forte, atopamos menos cantidade de vocábulos, pero con lexemas moi diversos entre elas. Moitas destas palabras derivan do latín, como pluvia ou battuere. Si o ceo descarga con rabia, falamos de:

  • Impacto directo: Arroiada, ballón, basto, bátega, bategada, chuvascada, chuvasco, chuvieira, dioivo, treixada ou zorregar.
  • Con vento e forza: Cebra, cebrina, cifra, ciobra, xistra e zarracina.
  • Raios e tronos: Para a choiva con aparato eléctrico, as voces derivan de turbone: treboada, torboada, torbón e trebón.

Cando o frío conxela a pinga

Cando a choiva adquire temperaturas máis baixas ou toma a forma de neve ou xeo, o galego adáptase con precisión. Os termos máis destacados son auganeve, cebrina, cebrisca, escarabana, nevada, nevarada, nevareira, nevarío, nevisca, nevarisca, pedrazo, salabreada, sarabiada e torba.

O alivio de cando o tempo abre

Mesmo o momento no que a choiva remite pódese expresar de case dez formas distintas. Para o galego, non só «para de chover», senón que o ceo pode amizar, delampar, escambrar, escampar, estear, estiñar ou estrelampar.

Finalmente, non podemos esquecer a condensación de auga e a falta de visibilidade, que xera termos tan evocadores como borraxeira, borraxoia, brétema, cegoña, fuscallo, néboa, neboeiro, nebra e zarrazina.

Herdanza cultural

A lingua galega garda na súa memoria colectiva máis de cen formas de referirse a este fenómeno, o que converte o noso dicionario nun mapa climático único no mundo. Utilizar esta variedade non é só unha cuestión de precisión, senón un xeito de manter viva unha herdanza cultural incalculable. A choiva en Galicia non é simplemente auga; é un elemento con identidade propia.

Botón volver arriba