Deportes

O Club Ourense Atletismo compite a nivel autonómico

O Club Ourense Atletismo compite con éxito a nivel autonómico durante a fin de semana obtendo bos resultados.

Miguel Ángel Álvarez, Cristina Ferrándiz e Mauro Gómez participaron en tres competicións representando o club ourensán.

O Club Ourense Atletismo compite a nivel autonómico

Mauro Gómez obtivo o décimo posto no Campionato Galego de Combinadas cunha puntuación total de 3.688 puntos. A especialidade de disco foi na que logrou a súa mellor posición ó acadar a sexta praza.

Miguel Ángel Álvarez participou no Campionato Galego de 5K. A súa boa participación permitiulle lograr o 5º posto M40 e o 32º na clasificación absoluta.

O Club Ourense Atletismo compite a nivel autonómico
Cristina Ferrándiz no centro da imaxe. Foto: Club Ourense atletismo

Por último, Cristina Ferrándiz logrou en Cataluña a medalla de ouro nas disciplinas de 100 e 200 metros lisos. A marca lograda nos 100 metros lisos (12.89) supón un novo récord catalán F35.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.