O grupo de Teatro ESTETA interpreta a obra «Tantos anos de silencio» este domingo, 11 de setembro, na Valenzá (Barbadás).
Este domingo ás 19:30h, o grupo de Teatro ESTETA de Taboadela sube o escenario da Sala Manuel María de Barbadás.
O grupo Esteta interpreta -Tantos anos de silencio- na Valenzá
A obra que van interpretar sitúanos fronte a escavación dunhas fosas da Guerra Civil. Ánxela é a responsable da escavación que atopa varios cadáveres entre os que se encontra o dunha muller que lles provoca numerosas preguntas.
A obra alterna situacións do presente con viaxes ó lugar e o ano onde sucederon os terribles feitos. As peores fantasmas dunha época de represión están representados nesta obra de Francisco Castro adaptada por David Vázquez, veciño de Taboadela e presidente de FETEAGAL.
David Vázquez e Manuela Casal son os encargados da dirección da obra que está recomendada para un público maior de 12 anos. As invitacións para asistir á representación poden recollerse na Casa da Cultura de Barbadás.