Colaboraciones

David Vázquez recomenda a lectura de…

David Vázquez Novoa, presidente de Feteagal, recomenda a lectura dun libro que para el ten un significado especial ante a proximidade do Día Internacional do Libro o vindeiro 23 de abril.

Ourensenarede solicitoulle que nos recomendase un libro, explicase como chegou ás súas mans, que lle aportou e por que o recomenda.

David Vázquez recomenda a lectura de …

La Cena Secreta, de Javier Sierra

«O libro chegou ás miñas mans por casualidade. Tiña 17 anos, idade de saír cos amigos, de ir por aí aproveitando cada momento libre, en fin o que se soe facer. Nun deses días entramos a unha librería e alí o vin, nun dos estantes. Collino, lin a sinopse e naquel momento sabía que tiña que levalo e así foi. Recordo que o merquei un venres e o luns xa o rematara».

David Vázquez recomenda a lectura de...
David Vázquez recomenda a lectura de…

«Viña dunha época na que non estaba lendo nada e este libro volveume enganchar á literatura. É un libro de trama histórica, cousa que me apaixona, de feito ao ano seguinte comecei a carreira de Historia en Ourense».

«Atrapoume tanto que o devorei deseguida. Para min é un libro moi especial pois mestura todo o que me busco nunha novela: misterio, intriga, historia, actualidade, sentimentos e sobre todo acción, moita acción».

David Vázquez Nóvoa – Presidente de Feteagal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.