Noticias

O Pereiro súmase ós «Espazos sen fume»

O concello do Pereiro de Aguiar súmase ós «Espazos sen fume» que promove a Asociación Española contra o Cancro.

Esta iniciativa procura crear espazos libres da exposición ó fume en espazos de uso público e colectivo para afastar as consecuencias nocivas do tabaco.

O Pereiro súmase ós «Espazos sen fume»

Estes espazos libres de fume son unha ferramenta de gran importancia para previr enfermidades. Ó mesmo tempo, esta iniciativa busca reducir o hábito de fumar entre a población.

Na presentación desta iniciativa estiveron presentes:

  • Germán Rodríguez-Saá, presidente da asociación;
  • Luis Menor, alcalde do Concello do Pereiro;
  • Pilar Conde, responsable da área de cultura do Concello do Pereiro;
  • Belén Pérez, profesional da Asociación
O Pereiro súmase ós "Espazos sen fume"

Tres espazos seleccionados polo concello do Pereiro pasan a unha fase de votación popular para escoller o espazo sen fume. Dita votación terá lugar na web do concello -www.pereiro.gal-.

Os lugares escollidos para esta iniciativa son:

  • Arredores do centro escolar Ben Cho Shey,
  • ruta Os Muíños do río Loña, e o
  • entorno do Centro de Maiores dos Gozos.

Botón volver arriba