Noticias

O PSdeG-PSOE de Ourense marca como obxectivo desbloquear a provincia

O PSdeG-PSOE de Ourense marca como obxectivo no inicio do curso político desbloquear a provincia e propiciar un cambio nas accións políticas a realizar.

Barbadás acolleu a Comisión Executiva Provincial do partido socialista de Ourense. O acto serviu de punto de partida para o novo curso político e permitiu fixar as estratexias a seguir.

O PSdeG-PSOE de Ourense marca como obxectivo desbloquear a provincia

No horizonte de calquera partido político está marcado o mes de maio de 2023. Nesas datas, concretamente o 28 de maio, celebraranse as eleccións municipais en todo o territorio nacional. A elección de Barbadás como sede deste encontro responde a consideración do municipio como «un lugar no que hai esperanza, vida e futuro e no que o PSOE demostrou que é capaz de mudar o sino dun municipio que durante anos estivo sumido en dinámicas nada positivas da man do Partido Popular».

Xosé Carlos Valcarcel, alcalde de Barbadás, puxo o foco en que «é o momento de arrancar e darlle un novo pulo ó partido co obxectivo de recuperar folgos e achegar á veciñanza as políticas de progreso e proximidade que se están realizando».

O PSdeG-PSOE de Ourense marca como obxectivo desbloquear a provincia

Na intervención do secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, destacou as posibilidades de progreso que ofrece a súa formación. «O PP ten pasado pero carece de presente e moito menos ten futuro, namentres que ó PSOE sucédelle ao revés, é un partido de presente e futuro, con moito talento e potencial».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba