Barbadás organiza un obradoiro de animación á lectura que estará enfocado ó Cómic. Baixo o nome «A Comicteca», o concello organiza un novo obradoiro na biblioteca municipal. Neste caso, o obradoiro terá lugar o venres, 6 de maio, ás 18h. As prazas, para nenos e nenas de 8 a 12 anos, están limitadas. Os interesados terán que realizar unha inscrición no correo biblioteca@barbadas.es indicando o nome, idade e teléfono.