Eventos

Obradoiro de narración oral con Sabela Gago

O Concello de Barbadás organiza un obradoiro de narración oral coa actriz Sabela Gago para o vindeiro xoves, 7 de outubro na Biblioteca municipal.

Dentro da programación que a Biblioteca Municipal de Barbadás programa de forma regular, atopamos esta vez un interesante obradoiro a cargo da actriz Sabela Gago.

Obradoiro de narración oral con Sabela Gago

«O señor do castelo» é o título da historia que Sabela Gago presentará os nenos e nenas asistentes. Un relato no que Felipa e Felipe, dúas pantasmas, buscan un lugar onde vivir. No medio dun bosque atopan un castelo e deciden convertelo no seu fogar.

Antes de «ocupalo», son advertidos de que o señor que habita o castelo non quere visitas que o molesten. Será coa axuda dos nenos e nenas do obradoiro que consigan atopar ó señor do castelo tras percorrer tódolos recunchos. A resolución da historia será desveleda ós asistentes a esta actividade para nenos e nenas de entre 5 e 10 anos.

Obradoiro de narración oral con Sabela Gago

O señor do castelo – Obradoiro de narración oral

Sabela Gago – actriz

  • Lugar: Biblioteca Municipal de Barbadás
  • Día: 7 de outubro
  • Hora: 18h
  • Participantes: nenos e nenas de 5 a 10 anos (prazas limitadas)
  • Inscrición: no correo biblioteca@barbadas.es (incluír o nome, idade e teléfono de contacto)

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba