Deportes

Oira acollerá o Campionato Galego de Volei Praia

O recinto deportivo de Oira acollerá este mes de marzo varias probas do Campionato Galego de Volei Praia da temporada 23/24.

A presentación destas probas deportivas tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ourense. Aníbal Pereira, concelleiro de deportes, José Ramón Baña, secretario da Federación Galega de Voleibol, Pilar Tejada, socia de ARL Abogados, e Alex Prada, representante do Club Ourense Volei Praia presentaron estas probas.

Oira acollerá o Campionato Galego de Volei Praia

As tres probas que se celebrarán en Oira serán puntuables para o Ranking Galego así como para os Campionatos de España 2024.

Oira acollerá o Campionato Galego de Volei Praia
Foto: Federación Galega de Voleibol

As datas sinaladas para a celebración das tres probas son:

  • 9 de marzo – categoría cadete
  • 16 de marzo – categoría sub19
  • 23 de marzo – categoría sub15

Botón volver arriba