Deportes

Oito metais para os clubs Pavillón no Ourense Provincia Termal

Os clubs Pavillón brillaron no Torneo Internacional Ourense Provincia Termal, celebrado no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Este torneo disputado entre o 17 e o 20 de abril, tivo para os Clubs Pavillón un impresionante balance de oito medallas: seis ouros e dúas pratas.

Oito metais para os clubs Pavillón no Ourense Provincia Termal

A entidade ourensá participou con trece conxuntos autonómicos e o ximnasta nacional José Vázquez, quen tivo unha actuación destacada. Vázquez proclamouse campión nos exercicios de aro e mazas, acadou a prata en pelota e rematou primeiro na clasificación xeral, confirmando o seu excelente momento de forma.

Foto: Club Ximnasia Pavillón

Entre os conxuntos, os resultados máis destacados foron:
OURO para o conxunto sénior escolar, o benxamín promoción e o xuvenil prebase.
PRATA para o prebenxamín escolar.

A partir do vindeiro fin de semana, os conxuntos autonómicos encaran a fase decisiva da tempada. Os grupos escolares competirán ata finais de maio, mentres que os de promoción e prebase prolongarán a actividade ata a primeira semana de xuño.

Os deportistas de nivel nacional como José Vázquez preparan xa importantes citas como as Copas de España e o Nacional Individual, que se disputarán ata comezos de xullo. Ademais, combinarán estas competicións con torneos galegos que lles permitirán seguir axustando os seus exercicios. Un calendario intenso que os levará ata as vacacións cun alto nivel competitivo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.